O Open Directory Project

DMOZ

Open Directory Project

Directorio

Sobre o ODP

Convértase en editor

Contrato social

Datos do ODP - RDF

Suxerir un sitio

Guías de edición

Recursos de editores

Noutras linguas

عربيّة - Árabe

Aragonés - Aragonés

Català - Catalán

česky - Checo

Dansk - Danés

Deutsch - Alemán

English - Inglés

Español - Castelán

Français - Francés

עברית - Hebreo

Italiano - Italiano

日本語 - Xaponés

한국어 - Coreano

Latvian - Letón

Lietuvių - Lituano

Nederlands - Holandés

Polski - Polaco

Português - Portugués

Română - Romanés

Türkçe - Turco

اردو - Urdú

簡體中文 - Chinés Simplificado

O Open Directory Project

O Open Directory Project é o directorio editado por persoas máis extenso e máis completo da Web. A súa construción e mantemento son realizados por unha gran comunidade global de editores voluntarios.

A República da Web

A Web continúa crecendo a un ritmo sen precedentes. Os buscadores automatizados son cada vez menos capaces de entregar resultados útiles aos seus usuarios. Os pequenos grupos de editores contratados polos directorios comerciais non poden manterse ao día catalogando sitios, e a calidade e cantidade dos seus índices víronse deteriorados. Estanse enchendo de ligazóns mortas, e non poden manter o ritmo de crecemento de Internet.

En vez de loitar contra o crecemento explosivo de Internet, o Open Directory proporciona os medios para que Internet se organíce a si mesma. Conforme Internet crece, crece tamén o número de persoas que a usan. Cada unha destas persoas pode organizar unha pequena porción da web e presentala ao resto da poboación, filtrando o malo e inútil e conservando só os mellores sitios.

O catálogo definitivo da Web

O Open Directory baséase nos pasos dalgúns dos proxectos de cooperación editores / contribuyentes do século XX. Así como o Dicionario Oxford de Inglés converteuse no referente definitivo con relación a ese idioma por medio do esforzo dos voluntarios, o Open Directory segue os seus pasos para converterse no catálogo definitivo da Web.

O Open Directory foi fundado no espírito do movemento Open Source e é o único gran directorio que é 100% gratuito. Non hai, e nunca haberá, un custo por suxerir un sitio ao directorio e/ou por usar os datos do mesmo. Os datos do Open Directory ofrécense gratis a calquera que cumpra a nosa licenza de uso gratuito.

O cerebro de Internet

O Open Directory é a base de datos sobre contidos da Web clasificados por persoas máis estendida. Os seus estándares editoriais xunto coa achega dos usuarios da rede proporcionan o cerebro colectivo necesario para o descubrimento de recursos na Web. O Open Directory prové dos servizos de directorio esenciais aos maiores e máis populares motores de procura e portais, incluíndo Netscape Search, AOL Search, Google, Lycos, HotBot, DirectHit e outros centos más.

Ti podes facer a diferenza

Como en calquera comunidade, obtés o que dás. O Open Directory ofrece a todos a oportunidade de contribuír.

Unirse é doado: Escolla un tema do que saiba algo e únase a nós. Editar categorías é moi sinxelo. Poderá utilizar unha ampla gama de ferramentas para agregar, borrar e actualizar ligazóns en segundos. A cambio duns minutos do seu tempo, poderá axudar a facer da Web un mellor lugar e obter recoñecemento como experto(a) no tema da súa elección.

Únase ao Open Directory Project

    Atope unha categoría que lle interese manter.

    Siga a ligazón Sexa un Editor na parte superior da páxina da categoría.

Note que non hai ligazóns Sexa un Editor nas categorías máis altas; debería atopar unha categoría máis específica que lle interese, e solicitar a edición desde aí. Unha vez que adquira máis experiencia, pode solicitar categorías máis xerais.

Máis información:

Quen somos e que facemos - Quere máis información? Consulte as FAQ sobre nós no área de Axuda.

Como enlazar ao ODP - Mostre que apoia ao ODP enlazándonos desde o seu sitio.

Descarga dos datos do ODP - Obteña o Directorio definitivo da Web para o seu sitio. É gratuito e está ao alcance de todos.

Licenza de uso libre - Licenza que regula o uso dos datos do ODP.

Compromiso social - O noso compromiso a todos os usuarios da rede de que manteremos o ODP como un recurso aberto e gratuito.

World: Español: Computadoras: Internet: Buscando en Internet: Directorios: Open Directory Project.

Sites using Open Directory data - Listado por categorías de todos os sitios, motores de procura, portais, etc. que utilizan o dump RDF do ODP.

ODP in the Press - Noticias, artigos e outros informes sobre o ODP.

Derradeira actualización: Mon Dec 09 21:27 EST 2013
Copyright © 2016 AOL Inc. (Terms of Use - License)

Help build the largest human-edited directory on the web. Suggest a Site - Open Directory Project - Become an Editor